InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo repartirá credenciais entre os peregrinos que realicen o Camiño do...

ACISA Ribadeo repartirá credenciais entre os peregrinos que realicen o Camiño do Mar

Estas credenciais contarán cun selo propio para a Compostelana.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo contará con credenciais para os peregrinos que realicen o Camiño do Mar e con selo propio para a credencial. Esta é a primeira das accións que a entidade pon en marcha tras a presentación da súa marca para potenciar o camiño.

O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, anunciou que dende hoxe, venres, a oficina do colectivo empresarial ribadense “será punto de entrega de credenciais aos peregrinos que queiran facer o Camiño do Mar. Se o Camiño do Mar sae de Ribadeo, Ribadeo ten que ter un punto onde dar as credenciais para facelo”

Iriarte engade: “quero agradecer á asociación Amigos do Camiño do Mar e ao seu presidente, Manuel Vicente, por chegar a este acordo, grazas ao cal dende hoxe ACISA pode entregar estas credenciais”. Iriarte tamén agredeceu o contacto fluído e constante para promocionar e poñer en marcha a realidade que xa é o Camiño do Mar.

O xerente de asociación empresarial ribadense, Jesús Pérez, explicou que “quen queira poderá facerse coa súa credencial nas oficinas de ACISA Ribadeo, inicialmente de luns a venres de 09:30 a 14:30 horas ou poñéndose en contacto con nós no teléfono 663.39.62.26 ou a través do correo electrónico info@acisaribadeo.es. O custo da mesma é o establecido na propia expedida pola oficina de acollida ao peregrino, por valor de 2 euros”.

Jesús Pérez destacou que “o Camiño de Santiago é unha ferramenta moi potente para desestacionalizar o turismo, implicándonos ao máximo estamos seguros que podemos notar a presenza de peregrinos case na totalidade do ano”.

E o presidente de ACISA rematou comentando: “tamén estamos tendo conversas para traballar xunto co Concello de Ribadeo neste sentido, co fin de poñer todos os recursos posibles, iniciativas, actividades e proxectos enriba da mesa e poder sacarlle o máximo potencial a este Xacobeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...